eordes.com - Toda a información da Comarca de Ordes

Rexístrate »



« Opinións



Contra a censura e a marxinación da música galega.

" Artigo 16 da lei 9/1984 da RTVG: A programación debe de estar inspirada na promoción e difusión da cultura e lingua galega “.

Diante da eliminación da música galega do programa ABERTO POR REFORMAS , e en relación coa deformación e perversion dos seus contidos…

Consideramos que este programa viña sendo…

  • Un programa plural, aberto á
    cidadanía e participativo, como a sociedade na que queremos vivir e,
    precisamente por iso, um programa onde a música se vivía con
    vitalidade, intensidade e enerxía.
  • Un
    programa cun forte pulo dinamizador para a música que se está a facer
    hoxe na nosa lingua, no noso país, como un espello diario no que a
    xente preocupada pola música de calquer tendencia ollabamos unha
    realidade socio-cultural que está a transformar a historia da nosa
    música.
  • Un programa, enraizado na radio de
    todos e todas as galegas, cunha vocación pública fundamental, ofrecendo
    a música que se está a facer no nosso país como un ben público de
    interese xeral.
  • Un programa que axudaba a
    tecer os fios da rede socio-cultural da música galega, que nos
    relaciona ás persoas que facemos a música do século XXI coas persoas
    que queren gozar, emocionarse e vivir a música do presente.
  • Un programa que, durante os seus máis de 900 (¿?¿¿) días de emisión, día a día, fixo que –como recolle o Plan Xeral de Normalización da Língua Galega ,
    aprovado por consenso polos tres partidos políticos maioritarios- o
    galego estivese vinculado e fose vivido por milleiros de persoas como
    referente de modernidade, como un motor de normalidade língüística
    cotiá.
  • Un programa que materializaba de forma sobresaliente a natureza e principios da propia CRTVG, no artigo primeiro da súa Lei de Creación: a promoción, difusión e impulso da lingua galega .
  • Un
    programa que, nun contorno social e mediático onde a cultura, a lingua
    e a música galega son minoritarias, minorizadas e desprezadas por
    múltiplos agentes sociais e institucionais, se baseaba na posta en
    valor da nosa cultura, a nosa lingua e a nosa música.
  • Un
    programa absolutamente xeneroso, respectuoso e honesto nas relacións
    humanas coa xente que está criar, a comunicar, a compartir, a impulsar,
    a gozar coa música deste país.
  • Un programa,
    ademais, aberto a culturas e músicas de todo o planeta, poñendo a
    música galega en relación -en pé de igualdade- coa doutras partes do
    mundo, con especial interese polas músicas irmás da Lusofonía.

...e por iso...

  • Entendemos
    que esta medida de eliminación da música en língua galega supón un paso
    máis na política de represión, empobrecemento e marxinación que os
    responsábeis políticos da Xunta de Galiza están a realizar contra a
    lingua e a cultura dos galegos e galegas.
  • Queremos
    denunciar, como xente preocupada pola nosa música e a nosa cultura,
    esta agresión dirixida –cunha intención política e simbólica evidente-
    contra un dos veículos de comunicación do movimento de Rexurdimento
    Musical que as novas xerazóns do mundo da música estamos a
    protagonizar, impulsado por unha sociedade que sabe valorar a sua
    criatividade.
  • Queremos
    posicionarnos e defender de forma decidida, belixerante e irrenunciábel
    a presenza da música galega na nosa Radio Pública.
  • Queremos
    dirixirnos á xente sensível coa nosa cultura e coa nosa música, para
    sumarse a esta denuncia, a esta reivindicación lexítima: A MÚSICA GALEGA DE VOLTA Á RÁDIO GALEGA!
  • Pedimos
    que se restableza un programa diario que de conta dos traballos
    musicais editados en galego e que conte cos seus protagonistas e que a
    nova programación non elimine contidos culturais propios en todas as
    súas variantes: música, cine, libros e arte en xeral.

Se apoias este manifesto, cubre o formulario e envia os teus datos.

http://www.komunikando.net/kom...

Comentarios (7)

RE: MANIFESTO BÁSICO POLA DEFENSA DA RTVG.

"musica en gallego" no es igual que "misica gallega".  Y los de la RTVG confunden estos dos términos intencionadamente.

Xurxo Souto también lo hacía. Cuando aprenda la diferencia no tendré inconveniente en apoyar su vuelta a la radio pública. Mientras, que ocupe su lugar.

Comentario inapropiado

varuspolus varuspolus
23:39 17/06/2009

RE: MANIFESTO BÁSICO POLA DEFENSA DA RTVG.

"DIFERENCIA"

Comentario inapropiado

palabra palabra
12:37 18/06/2009

RE: MANIFESTO BÁSICO POLA DEFENSA DA RTVG.

Hay gente con la cabeza tan vacía que necesitan juntarse mas de cuatro para descubrir su identidad.

Comentario inapropiado

varuspolus varuspolus
23:51 18/06/2009

RE: MANIFESTO BÁSICO POLA DEFENSA DA RTVG.

Varuspolus, botas muito de menos a Franco? ;)

Comentario inapropiado

Eis Eis
23:57 21/06/2009

RE: MANIFESTO BÁSICO POLA DEFENSA DA RTVG.

Franco era nazionalista, como tú.

Tambien se fijaba muchísimo en esas cosas de la identidad y tal y tal...

Comentario inapropiado

varuspolus varuspolus
00:13 22/06/2009

RE: MANIFESTO BÁSICO POLA DEFENSA DA RTVG.

Nacionalismo banal
De Wikipedia, la enciclopedia libre
Saltar a navegación, búsqueda

El nacionalismo banal, según lo ha conceptualizado Michael Billig, es la forma difusa que toma el nacionalismo en las sociedades contemporáneas, convirtiéndose en un mecanismo omnipresente que orienta las percepciones y hace aparecer como natural la identificación entre una lengua, una cultura, un territorio y una comunidad política.

La idea central del nacionalismo banal es que incluso en las naciones estables, sin problemas identitarios, la nacionalidad está siempre siendo recordada a los ciudadanos. Aunque los líderes políticos de esas naciones puedan no ser nacionalistas en el sentido más militante, el trabajo de Michael Billig dice detectar que el nacionalismo está siempre por detrás de sus discursos, pero también de los productos culturales, e incluso, de la estructura de los periódicos. El nacionalismo banal reproduce cotidianamente los esquemas mentales del nacionalismo. Ya sea en rituales colectivos como el deporte, o en detalles nimios como la utilización de banderas para identificar las lenguas en las que se escriben los ingredientes de una caja de cereales. El trabajo de Michael Billig ha dado lugar a numerosos estudios empíricos sobre ese nacionalismo banal, en el presente y en la historia. También ha influido en que se acuñen nociones emparentadas como la de militarismo banal.

Bibliografía. [editar]

* Billig, Michael. Banal Nationalism. London: SAGE Publications. 1995
* Billig, Michael "El nacionalismo banal y la reproducción de la identidad nacional", en Revista Mexicana de Sociología, nº 1/98 Resumen on line: [1]
* Banal Nationalism and the Internet [2]
* Pilvi Torsti "History Culture and Banal Nationalism in post-War Bosnia" Southeast European Politics Vol. V, No. 2-3 December 2004 pp. 142-157[3]

Comentario inapropiado

Eis Eis
02:51 22/06/2009

RE: MANIFESTO BÁSICO POLA DEFENSA DA RTVG.

Contubernio judeo-masónico.

Franco también hablaba mucho de eso. jajajaja

Comentario inapropiado

varuspolus varuspolus
00:09 23/06/2009

Envía o teu comentario

Debes acceder coa túa conta de usuario ou rexistrarte para poder participar en eordes.com

Para entrar co teu usuario, podes facelo dende o formulario que se atopa na cabeceira da web ou dende a páxina de acceso.

Se o que precisas é darte de alta, podes facelo dende o formulario de rexistro.