Teño entendido que os que se ocuparon de poñer "bonito" o paseo do río por atrás do centro médico, foron os membros da Asociación Tarandeira. Felicítoos por iso, mais considero que é labor do Concello.
E se estou mal informada e son os do Concello os que se ocupan de esta zona...teño que decir que se ocupan mal. Que non hai contenedores e se nota que non pasan a recoller o lixo, polo menos coa frecuencia debida. Unha vai con idea de pasar unhas horas lendo tranquilamente entre natureza e encóntrase sentada nun vertedoiro.
Pero ben sei que a culpa non é só do Concello.
Os rapaces que van ó río, coma min, supostamente porque disfrutan da natureza máis que dos parques de cemento ós que nos teñen acostumados na nosa vila, son os últimos culpables.
Espero que por inconscientes, por non saber que o vidro tarda 4.000 anos en destruírse, o plástico entre 100 e 1000 anos ou unha lata de refresco 10 anos.
Estou segura de que non queren que o seu lixo permanezca máis que eles no mundo.
E tamén de que non saben que acabaran respirando e comendo o seu propio veneno...