Ordes necesita zonas verdes (so temos o noso maravilloso parque e nada mais, no campo da feira fixeron unha barbaridade ó lado do xulgado), a circunvalación, zonas deportivas (onde van esas canastas que estaban colocadas debaixo da casa do concello e no campo da feira), esculturas nas ruas, mais actos culturais na calle (non so a semana cultural antes das festas chega para a nosa vila), que se cambie o concepto das nosas demacradas festas patronais e que se fagan concertos e actividades a toda-las horas pois despois de xantar non queda mais que durmir a siesta para esperar a verbena da noite, e non vale iso de que non teñen cartos porque despois sempre se fan cinco dias asquerosos, fagamos dous, pero dous bos para escomenzar a levant-la cabeza e chegar a ter unhas festas en condicions.
A Ordes fanlle falta competicions deportivas, pero estas no plano amateur (onde vai o maravilloso campeonato de futbol sala que se facia antiguamente no pabellon de deportes do Colexio Castelao, no que se chegou a conseguir un nivel de participacion e de publico moi alto e que sempre gañou a "Pulpeira Verde Galicia", onde vai?)parece que todo-los ordenses nos temos que dedicar ó Hockey patins (deporte que me fascina) pero non a todo o mundo lle gusta.
E senon onde vai o campenato de natación que se facia todo-los veranos na piscina municipal cando remataban os cursos de natacion que se impartian no verano.
Ordes ten falta de teatro e de traer obras a el e non levalas a casa da cultura pois ise establecemento considero que sirve para outras cousas, por que Ordes non pode chegar a ser coñecido polas suas xornadas de teatro asi como outros pobos.
Ordes necestita mellorar no senso que ten que volver a recuperar cousas que se facian antigamente e funcionaban moi ben (Festa do queique producto que se esta a perder e que incluso en Bilbao me falaron del, Concertos de Bandas, Concertos de rock con grupos bos como Loquillo, acordadesbos, e que xa cansas os Zenzar e istes todos que non o fan mal pero tod-los anos o mismo xa empeza a cheirar), e estas cousas potencialas durante todo o ano, unha actividade para cada mes e así chegar a ser unha villa na que se nos coñeza por todá-las nosas actividades e non pola LP45 e a movida de Ordes.
Temos que facer cousas para que a xente queira vir vernos e non bebernos (non sei si me entendedes)
Espero poder ver mais opinions por aqui de todo-los ordenses.
Os ordenses somos bos, moi bos, con moito potencial e coa nosa ubicación xeografica podemos gañar moitisimo en vez de perder. So nos queda creernolo.
Quero deixar claro antes de rematar que istas son as miñas opinions e que procuro non ofender a ninguen con elas o que quero e mellorar o meu pobo, pois a min que me tocou marchar de Ordes me doe chegar e que pasen os anos e o unico que se cambian son as farolas.
Moitas gracias a todos.