eordes.com - Toda a información da Comarca de Ordes

Rexístrate »



Que é eordes.com?

eordes.com é un espazo comunicativo sen ánimo de lucro e coa única intención de achegar a todo o mundo toda a información posible e dispoñible sobre a nosa comarca.

Con esta idea, eordes.com permite ademais unha participación directa para tódolos usuarios que así o desexen.

Esta participación inclúe o envío de noticias, comentarios, opinións, etc... dentro dun espazo comunitario, e sempre buscando a aportación de novas ideas e a libre expresió basada no respeto, que permitan ó visitante gozar coa súa experiencia neste portal.

eordes.com é ademais un lugar de reunión en donde se tratan os máis diversos temas, que están case sempre, basados nas experiencias diarias dos residentes no pobo ou na comarca.

Rexistro dos usuarios

Para disfrutar plenamente de tódolos servizos de eordes.com é preciso rexistrarse.

Hai moitos servizos que son en aberto e sen necesidade de rexistro como por exemplo as ofertas e demandas de emprego, a posibilidade de comprar e vender na sección de mercado ou a inclusión no listado de empresas entre outros.

A solicitude de rexistro foi unha decisión que se adoptou para que o usuario teña unha maior conciencia dos seus actos como membro dunha comunidade. Unha vez que o visitante lle colle un certo aprecio a súa identidade virtual, intentará non desprestixiarse con comentarios enganosos, faltos de contido ou que sexan simplemente acusacións baratas.

Ademais supón un beneficio para o propio usuario, xa que poderá personalizar a súa identidade virtual do xeito que prefira, usando unha imaxe como presentación, ou colocando unha ligazón ao seu propio blog ou web persoal.

Tamén lle permitirá a el e máis ao resto dos visitantes, ter un seguimento da súa participación en eordes.com

Información útil

Pódese dar o caso de que o funcionamento dalgunha das seccións ou apartados de eordes.com che sexa confuso ou que non sexas capaz de facer aquelo que desexabas, para todas esas dúbidas está este apartado.

- Non podo acceder como usuario: Iso pode ser debido a que o usuario co cal te rexistraches aínda non estea validado. Debes comprobar o teu correo para validar o teu usuario unha vez te rexistres. Tamén pode ser debido a que por algún motivo a túa conta de usuario fose bloqueada ou desactivada. Se continuan os problemas despois de revisar todo iso, podes poñerte en contacto co administrador.

- Algunha das opinións que enviei foron retiradas: Pode ser que algún usuario se sentise molesto coa túa opinión e solicitase a súa retirada. Que eu retire unha opinión só pasa moi rara vez, co cal o que escribiches puido ser algo constituinte de delito ou unha clara ofensa contra alguén.

Grazas!

Comezo cos agradecementos a todos os que coas vosas visitas e aportacións facedes posible ese curruncho en Internet

Grazas en especial a Oscar Otero, xenial deseñador, que se currou de xeito fantástico o gran lavado de cara de eordes.com

Grazas aos buscadores de iconiños IconFinder e Iconspedia por axudarme a tediosa tarefa de alegrar as seccións con pequenas imaxes descriptivas.

O autor

O autor deste fedello é un tal Lito (Álvaro Gómez), veciño de Ordes de toda a vida e sempre interesado polas novas tecnoloxías, e como sacar proveito das mesmas, tanto para ben particular no meu traballo en Simplifica como para o ben común con eordes.com.

Se desexas saber algo máis sobre min ou simplemente invitar a un café (ou unha caña dependendo do momento) para charlar un pouco, ponte en contacto conmigo a través do formulario de contacto.

Tal e como obriga o Art.10 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, da LSSICE, os meus datos de contacto son os seguintes: Álvaro Gómez Andrade, NIF 46917403W, residente e Ordes (A Coruña), email de contacto lito[arroba]eordes.com.

eordes.com é un lugar de participación e aportación de ideas e contidos. Nalgún momento, pode darse o caso de que algunha das afirmacións que se expoñan deste portal supoñan a vulneración da lexislación vixente, para o cal eordes.com comprométese a facilitar ferramentas que permitan aos usuarios avisar de este tipo de sucesos ao administrador.

Aínda así, eordes.com non se fai responsable de ningunha das mensaxes que poidan saír publicadas en calquera das seccións que compoñen o portal, pero fará o posible por revisar e retirar, se fose preciso, aqueles contidos que entren no punto anterior, tal como se indica no Art.15 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, da LSSICE.

Do mesmo xeito, se o administrador considera que os contidos non supoñen ningunha infracción, poderán permanecerán publicados ata que un xuíz ou unha autoridade competente solicite a súa desactivación.

eordes.com comprométese a non publicar, expoñer nin comercializar con ningún dos datos dos usuarios rexistrados e só serán remitidos a aquelas autoridades competentes que así o soliciten mediante a via legal.

Tódolos contidos publicados nesta web están baixo a licenza Creative Commons que permite a súa publicación ou edición en calquera outro medio coa única condición de citar a fonte orixinal.

Se consideras que algún dos contidos/imaxes/multimedia publicados no portal están baixo algun tipo de licenza máis restrictiva, por favor ponte en contacto co administrador para solventar o problema.

Sobre os datos dos usuarios

En conformidade co previsto na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, da LOPD o administrador de eordes.com informan da existencia dun arquivo da súa titularidade no cal se incluirán os datos necesarios para manter informados aos usuarios que así o requiran ou proporcionar os servizos que os usuarios soliciten.

O titular poderá exercitar os dereitos recoñecidos na LOPD sobre este arquivo e, en particular, os de acceso, rectificación ou cancelación e oposición, si resultara pertinente, así como o de revocación do consentimento para a cesión dos seus datos nos termos previstos na LOPD. Os usuarios poden realizar estas accións editando os seus propios datos no portal de eordes.com ou enviando unha solicitude a info[arroba]eordes.com, para cambiar aqueles datos que poidan estar bloqueados no seu perfil.

Os comentario, noticias e votos enviados voluntariamente polos usuarios non son datos persoais de carácter privado, senón públicos. Quedan relacionados co votos e comentarios doutros usuarios. O administrador de eordes.com poderá conservar estes datos co obxectivo de manter a coherencia da información publicada e os envíos de tódolos usuarios.

Privacidade

Os arquivos de eordes.com non conteñen datos de caracter privado nin requiren información para identificar a persoas físicas.

As empresas que publican os seus anuncios en eordes.com, ou as que levan as estadísticas de acceso, poderían usar cookies con fins estadísticos. Os usuarios poden eliminalas ou impedir o envío de cookies dende as opcións do seu navegador.

Exclusión de garantía e responsabilidade

O administrador de eordes.com non garantiza a licitude, fiabilidade, exactitude, exhaustividade, actualidade e utilidade dos contidos publicados.

O establecemento dun hiperenlace ou ligazón non implica en ningún caso a existencia de relacións entre os xestores de eordes.com e o propietario da web coa que se estableza, nin a aceptación e aprobación dos seus contidos ou servizos.

O administrador de eordes.com está excluido de toda responsabilidade nos sitios enlazados dende esta web e non pode controlar nin controla que entre eles aparezan sitios de Internet cuios contidos poidan resultar ilícitos, ilegais, contrarios á moral ou ás boas costumes ou inapropiados. O usuario, por tanto, debe extremar a prudencia na valoración e utilización da información, contidos e servizos existentes nos sitios enlazados.

O administrador de eordes.com está excluido de toda responsabilidade polos contidos publicados polos usuarios, terceiros e das mesmas serán responsables os usuarios ou terceiros de quenes procedan.

Condicións de uso

O usuario absterase de escribir ou publicar contidos difamatorios, racistas, obscenos, pornográficos, ofensivos, de violencia explícita ou incitación a violencia, que afecten a privacidade e/ou dereitos da infancia.

O usuarios absterase de utilizar calquera dos servizos ofrecidos en eordes.com con fins ou efectos ilícitos, lesivos dos dereitos e intereses de terceiros, ou que poidan danar, inutilizar, sobrecargar, deteriorar ou impedir a normal utilización dos servizos, equipos informáticos, arquivos e calquera contido almacenado en eordes.com ou servidores externos enlazados dende eordes.com

O usuario absterase de acosar, ameazar e obter ou divulgar información privada doutros usuarios de eordes.com ou calquera persoa e empresa física.

O usuario absterase de usar eordes.com co obxectivo de a) a promoción exclusiva de un sitio web, empresas, redes de blogs ou de afiliación de enlaces (spam); b) as campañas comerciais (aínda que o lugar promocionado non conteña publicidade directa), políticas ou ideolóxicas.

O usuario absterase de crear múltiples contas co fin de participar en eordes.com simulando as opinións de persoas distintas, suplantar a identidade doutras persoas ou intentar alterar artificialmente os contadores de votos e participación.

O usuario respetará ademais as normas propostas e melloradas polos propios usuarios.

O incumplimento das condicións de uso podería significar o bloqueo da conta de usuario, o borrado e/ou edición do texto ofensivo, e as medidas e denuncias adecuadas según as leis españolas e europeas.

Co obxectivo de mellorar o servizo, eordes.com resérvase o dereito a modificar e actualizar as condicións de uso sen previo aviso.